Poppy (satélites)
Poppy foi o nome dunha serie de satélites de recoñecemento electrónico estadounidenses sucesores dos satélites Grab.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Poppy foron deseñados e construídos pola Armada dos Estados Unidos de América. Foron lanzados entre 1962 e 1971 e a súa función era detectar e clasificar sinais electrónicos doutras nacións, principalmente de radares soviéticos. Os satélites clasificábanse en tres familias: Poppy 20 polgadas, Poppy 24 polgadas e Poppy multifacetados. Todos foron lanzados mediante foguetes Thor Agena D.[1]
Poppy 20 polgadas
[editar | editar a fonte]Os Poppy 20 polgadas foron a primeira xeración de satélites Poppy. Tiñan forma esférica cun diámetro de 20 polgadas (uns 51 cm) máis unha banda cilíndrica central que lle daban ao satélite unha lonxitude de 61 cm. Do corpo do satélite saían varias antenas para a detección de sinais electrónicas. Lanzáronse cinco Poppy 20 polgadas, con só dous chegando a órbita e tres fallando por problemas co foguete lanzador.[2]
Poppy 24 polgadas
[editar | editar a fonte]Os Poppy 24 polgadas tiñan un diámetro de 24 polgadas (uns 61 cm) mais unha banda cilíndrica central que aumentaba a lonxitude do satélite a 81 cm. Do corpo do satélite saían varias antenas. A maioría levaban cargas científicas secundarias. Lanzáronse oito Poppy 24 polgadas, con só dous fallos.[3]
Poppy multifacetados
[editar | editar a fonte]Os Poppy multifacetados tiñan unha estrutura de 61 cm de diámetro cunha lonxitude de entre 81 e 86 cm. A súa superficie estaba formada por facetas cubertas con células solares para aumentar a potencia dispoñible. Algúns levaban cargas secundarias polas que eran denominados cara ao público para non revelar a súa natureza militar. Lanzáronse once Poppy multifacetados, todos con éxito.[4]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4] | Data de lanzamento[1][2][3][4] | Foguete lanzador[1][2][3][4] | Notas[1][2][3][4] |
---|---|---|---|
Poppy 3A | 13 de decembro de 1962 | Thor Agena D | Poppy 20 polgadas. Fallo. |
Poppy 3B | 13 de decembro de 1962 | Thor Agena D | Poppy 20 polgadas. Fallo. |
Poppy 4B | 15 de xuño de 1963 | Thor Agena D | Poppy 20 polgadas. Fallo. |
Poppy 4A | 15 de xuño de 1963 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Fallo. |
Poppy 4C | 15 de xuño de 1963 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Fallo. |
Poppy 5B | 11 de xaneiro de 1964 | Thor Agena D | Poppy 20 polgadas. Éxito. |
Poppy 5C | 11 de xaneiro de 1964 | Thor Agena D | Poppy 20 polgadas. Éxito. |
Poppy 5A | 11 de xaneiro de 1964 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Éxito. |
Poppy 6A | 9 de marzo de 1965 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Éxito. |
Poppy 6C | 9 de marzo de 1965 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Éxito. |
Poppy 6D | 9 de marzo de 1965 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Éxito. |
Poppy 7A | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Poppy 24 polgadas. Éxito. |
Poppy 7B | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 7C | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 7D | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 8A | 30 de setembro de 1969 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 8B | 30 de setembro de 1969 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 8C | 30 de setembro de 1969 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 8D | 30 de setembro de 1969 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 9A | 14 de decembro de 1971 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 9B | 14 de decembro de 1971 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 9C | 14 de decembro de 1971 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Poppy 9D | 14 de decembro de 1971 | Thor Agena D | Poppy multifacetado. Éxito. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Poppy" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Poppy (20 in series)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Poppy (24 in series)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Poppy (multifaceted)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poppy |