Saltar ao contido

Polipteriformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polypteridae»)
Polypterus senegalus

Os polipteriformes (Polypteriformes) son unha orde de peixes óseos primitivos da clase Actinopterixios (Actinopterygii). Só comprenden unha única familia, os poliptéridos (Polypteridae), coñecidos como bichires, e a súa distribución mundial redúcese a augas de ríos e lagos de África.

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo alongado ou angüiliforme, recuberto de pequenas escamas ganoides, grosas e romboides. As aletas pectorais teñen unha base lobulada e a aleta dorsal está dividida en varias pequenas aletas (8 ou máis) formadas por un radio espiñoso que soporta unha membrana pequena. A caudal é simétrica e con forma de frecha.

Os exemplares xuvenís presentan branquias externas, que pasan a ser internas nos adultos. A vexiga natatoria, comunicada por un conduto co esófago, sérvelles como órgano respiratorio accesorio.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Estes peixes son especies populares en acuarios, de carácter pacífico e relativamente pouco activos, polo que prefiren permanecer asentadas no fondo do acuario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]