Polipriónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polyprionidae»)
Cherna (Polyprion americanus) no Aquarium Finisterrae

Os polipriónidos (Polyprionidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos perciformes (Perciformes). Están distribuídos por todo o mundo.

O nome deriva do grego poly (moitos) e prion (serra), en alusión ás prominentes aletas espiñosas.

Características[editar | editar a fonte]

Cabeza grosa e maciza, cun opérculo dotado de dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.

Unha soa aleta dorsal, con 9-12 espiñas e 11-13 raios brandos; unha anal con 3 espiñas e 7-10 raios brandos; pelvianas cunha espiña e cinco raios brandos; caudal truncada ou redondeada.

Viven nos fondos oceánicos, onde se resgardan no interior de covas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende dous xéneros e seis especies:

  • Xénero Polyprion (Oken, 1817)
    • Polyprion americanus (Bloch e Schneider, 1801)
    • Polyprion moeone (Phillipps, 1927)
    • Polyprion oxygeneios (Schneider e Forster en Bloch e Schneider, 1801)
    • Polyprion yanezi (de Buen, 1959)
  • Xénero Stereolepis (Ayres, 1859)
    • Stereolepis doederleini (Lindberg e Krasyukova, 1969)
    • Stereolepis gigas (Ayres, 1859)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]