Saltar ao contido

Polispasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aparello utilizado para izar e baixar botes

Un polispasto[1] (do grego πολύς ‘moito’ e σπάω ‘tirar’) é unha máquina composta por dúas ou máis poleas e unha corda, cable ou cadea que alternativamente vai pasando polas diversas gargantas de cada unha destas poleas.[2] Utilízase para levantar ou mover unha carga cunha gran vantaxe mecánica, xa que así necesítase aplicar unha forza moito menor que o peso que hai que mover.[3]

Utilidade

[editar | editar a fonte]

Utilízanse en talleres ou industrias para elevar e colocar elementos e materiais moi pesados nas diferentes máquinas ou ferramentas ou cargalas e descargalas dos camións que as transportan. Adoitan estar suxeitos a un brazo xiratorio axustado a unha máquina, ou poden ser móbiles guiados por raíles colocados nos teitos das naves industriais[Cómpre referencia].

Os polispastos teñen distintas capacidades de elevación dependendo da carga que poden chegar a levantar. É posible aumentar a capacidade de elevación aumentando o número de ramais dun polispasto. Por exemplo, un polispasto de 500 kg cun ramal pode ter unha capacidade de só 500 kg, pero se se configura con dous ramais e utilízanse os accesorios adecuados o mesmo polispasto pode levantar 1000 kg.

Polispasto eléctrico de cable, con catro ramais.

Segundo o seu número de ramais, os polispastos poden ser sinxelos ou dobres:

  • Cando unha das poleas non ten máis que unha garganta ou é un motón, o polispasto chámase «aparello sinxelo».
  • Nos demais casos, é «aparello dobre». Segundo o número de voltas que dá a corda nas poleas chámanse de catro, de seis, etcétera. Cordóns ou «guarnes», tomando tamén con relación ao obxecto e á forma en que se aplica un sobrenome ou denominación particular como as de «aparello de gancho», «aparello de rabiza», «aparello de burel e estrobo», etcétera.

Segundo a forma na que multiplican a forza, os aparellos máis comúns son os seguintes:

  • Aparello factorial, a forza desenvolvida é proporcional á cantidade de poleas móbiles.
  • Aparello potencial, corresponde a 2 elevado ao número de poleas.
  • Aparello diferencial, depende da diferenza de radios entre as dúas poleas que o forman.

Dependendo do que estean formadas poden ser de corda, de cable ou de cadea, e segundo o que aplique a potencia á máquina poden ser manuais, de panca ou eléctricos.

A nivel industrial, os aparellos divídense en aparellos eléctricos e aparellos manuais. A diferenza é a mobilidade da cadea. Mentres o aparello eléctrico ten un comando (con corrente monofásica ou trifásica segundo o modelo) que o guía verticalmente -elevando ou baixando carga-, o aparello manual non ten comando, e a persoa encargada debe subir e baixar a carga utilizando a cadea.

Formulación matemática

[editar | editar a fonte]

Aparello factorial

[editar | editar a fonte]
Esquema dun polipasto factorial móbil

Na súa fórmula intervén a forza que debe aplicar o obxecto ou persoa para levantar a resistencia e o número de poleas móbiles que interveñen no levantamento da resistencia:

A súa fórmula é:

Neste exemplo, para levantar un peso de 980 N realizouse unha forza de 245 N.


  1. "É un "polipasto" un conxunto de pastos?". Un idioma preciso. 1 de xullo de 2009. 
  2. Forma preferida pola Real Academia Española: polispasto.
  3. Matemáticas y sus aplicaciones agrícolas en Google Books.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Material do Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914, que se atopa no dominio público.