Saltar ao contido

Polbo á mugardesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polbo á mugardesa

Orixe Mugardos, Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Polbo
Orixe vexetal Pataca
Cebola
Pemento
Allo
Aceite de oliva
Condimentos Loureiro
Pemento (condimento)

O polbo á mugardesa é un prato principal de polbo orixinario da vila mariñeira de Mugardos. Este xeito de servir o polbo pódese tomar todo o ano nos establecementos hostaleiros da vila mariñeira da ría de Ferrol.

Receita e ingredientes

[editar | editar a fonte]
  • Polbo (un ou dous kg limpo)
  • Patacas (un ou dous kg)
  • Dúas cebolas grandes (picadas)
  • Pemento verde e vermello (limpo e cortado en tiras)
  • Un dente de allo (moído)
  • Aceite (de oliva), sal (gordo), pemento doce e picante (moído)
  • Folla de loureiro

Preparacións

[editar | editar a fonte]

O polbo limpo xa mallado métese suxeito pola cabeza tres veces na auga fervendo para que estea tenro. Non se coce na auga, a isto chámano "asustar" ao polbo.

Na tixola co aceite de oliva quente sofrítese as cebolas e o dente de allo picados xuntos (sen deixar que se queimen), cando estean fritidos engádense os pementos en tiras. Cando estea ao punto engádese un pouco de pemento doce e picante (ao gusto), bótase logo o polbo cortado en anacos, e déixase fritir 15 ou 20 minutos.

Sérvese en pratos normais (non de madeira) acompañado de patacas cocidas enteiras ou cachelos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]