Pola Esquerda
Aparencia
Pola Esquerda | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pola Esquerda, ou X la Izquierda polo seu nome oficial en castelán, é unha coalición electoral constituída para presentarse nas eleccións xerais de 2015 en España, e que estivo formada por diversos partidos de esquerda e ecoloxistas, dos que o máis importante era o Partido Humanista. Finalmente o Partido Humanista retirouse da coalición e concorreu en solitario[1]. Os partidos formantes foron:
- Partido Humanista, despois apartado.
- Nova Esquerda Socialista
- Ezkerra-Berdeak
- Los Verdes
- Compromiso Socialista
- Unión de Izquierda Socialista de Aragón
- Gira Madrid-Los Verdes.
Sinalouse a Federico Mayor Zaragoza e a Baltasar Garzón como algúns dos seus impulsores[2]. Durante unhas semanas, a ex-socialista Beatriz Talegón estivo vinculada a esta coalición, pero renunciou[3]. A súa cabeza de lista foi María Pato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El PH abandona la coalición “Por la Izquierda” Arquivado 19 de novembro de 2015 en Wayback Machine., web de Partido Humanista, 4/11/2015.
- ↑ X por la izquierda, el partido que apadrina Garzón, busca los votos de los disconformes de izquierdas para que no se abstengan, El Plural, 11/11/2015.
- ↑ X La Izquierda asegura que Talegón se marchó tras rechazarse su liderazgo y ella insiste en que es falso, El Plural, 6/11/2015.