Política do Brasil
Aparencia
A política do Brasil é o modo en que se administra a República Federativa do Brasil segundo a constitución de 1988, que define o Estado como unha república federal presidencialista representativa.
Características
[editar | editar a fonte]O Brasil divide a súa administración en tres poderes: poder executivo, lexislativo e xudicial. O poder executivo réxeo, a nivel nacional, o presidente da república, cargo ocupado desde 2019 por Jair Bolsonaro. O presidente elíxese cada catro en catro anos a través do sufraxio universal. Todas as persoas con máis de 16 anos poden votar.