Pobos illados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pobos non contactados»)
Membros dunha tribo non contactada do Brasil, no estado de Acre, 2012.

Os pobos illados, tamén chamados pobos non contactados ou tribos perdidas, son comunidades que viven, ou viviron, ora pola súa propia elección (pobos que viven nun illamento voluntario) ou por outras circunstancias, sen ter contacto coa civilización global. Poucos pobos permaneceron totalmente illados da civilización global. Os activistas dos dereitos indíxenas loitan porque estes grupos sexan deixados sós, alegando que no caso contrario iso interferiría no seu dereito de autodeterminación.[1]

No 2013, estimouse a existencia de máis de 100 tribos non contactadas en todo o mundo, a maioría nas densas áreas selváticas de América do Sur, África central e Nova Guinea.[2] O coñecemento da existencia destes grupos provén do infrecuente e ás veces violento encontro con outras tribos veciñas, así como de fotografía aérea. As tribos illadas poden non ter inmunidade para infeccións e doenzas comúns, que poden matar unha gran porcentaxe do seu pobo despois do contacto.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nuwer, Rachel (4 de agosto de 2014). BBC, ed. "Future – Anthropology: The sad truth about uncontacted tribes". Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  2. New Scientist, ed. (22 de agosto de 2013). "How many uncontacted tribes are left in the world?". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  3. BBC News, ed. (30 de maio de 2008). "Isolated tribe spotted in Brazil". Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  4. Adams, Guy (2 de febreiro de 2012). The New Zealand Herald, ed. "Close camera encounter with 'uncontacted' Peruvian tribe". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]