Pobo sikkimés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muller nepalesa de Darap, Sikkim, na India.

Os sikkimeses son os habitantes do estado indio de Sikkim. A diversidade étnica de Sikkim está representada por 'Lho-Mon-Tsong-Tsum' que identifica a orixe de tres etnias diferenciadas dende o século XVII. O termo 'Lho' refírese ós bhutias (Lhopo) que migraron dende o sur do Tíbet, o termo 'Mon' refíree ós lepchas (Rong) que viven nos Himalaias orientais e o termo 'Tsong' refírese ós limbus (Tsong) outra tribo indíxena de Sikkim. Porén, os indios e nepaleses comezaron a asentarse en Sikkim dende o século XIX e despois comezou a aumentar a presenza de persoas da India continental.[1]

Tribos[editar | editar a fonte]

Tribos como os magar estiveron presentes en Sikkim dende a mesma época que os lepchas e son mencionados nos manuscritos do Maharaja Tashi Namgyal.[2] A poboación actual componse dun 13% lepcha, un 16% bhutia e un 61% de sikkimeses nepaleses.[3]

A teroría máis amplamente aceptada sobre a orixe do nome Sikkim é que é unha mestura de dúas verbas limbu: su, que quere dicir "novo" e khyim, que quere dicir "país" ou "fogar".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sikkim: Geographical Perspectives By Maitreyee Choudhury, Mittal Publications, 1 de xaneiro de 2006, Ethnology
  2. Skoda, Uwe (2014). Navigating Social Exclusion and Inclusion in Contemporary India and Beyond: Structures, Agents, Practices (Anthem South Asian Studies). Anthem Press. p. 137. ISBN 978-1783083404. 
  3. Sikkim People - People of Sikkim, Sikkim People and Lifestyle, Sikkimese People