Pobo kayan (Myanmar)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Pobo padaung»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo kayan (Myanmar)
Kayan woman with neck rings.jpg
Muller padaung no norte de Tailandia.
Poboación
Poboación total:
130 000
Rexións principais:
Flag of Myanmar.svg Myanmar60 000
Flag of Thailand.svg Tailandia600
Flag of Vietnam.svg Vietnam600
Estados Unidos de América Estados Unidos600
Aspectos culturais
LinguaLingua padaung
RelixiónIgrexa católica

Os kayan (ကယန်း) son un subgrupo dos karen vermellos (pobo karenni), unha minoría étnica tibetano-birmano de Myanmar. Os kayan están formados polos seguintes grupos: kayan lahwi (tamén chamados padaung), kayan ka khaung (gekho), kayan lahta, kayan ka ngan. Os kayan gebar, kayan kakhi e, ás veces, os bwe (kayaw) tamén son incluídos neste pobo. Son un pobo distinto e non deben confundirse co pobo kayan de Borneo.

O termo padaung (Yan Pa Doung) é unha palabra shan para os kayan lahwi (o grupo no cal as mulleres levan os aneis de latón no pescozo). Os residentes kayan na provincia de Mae Hong Son, no norte de Tailandia, refírense a si mesmos como kayan e rexeitan que se lles chame padaung. En The Hardy Padaungs (1967), Khin Maung Nyunt, un dos primeiros autores en utilizar o termo "kayan", di que os padaung prefiren chamarse kayan.[1] Por outra banda, Pascal Khoo Thwe chama ao seu propio pobo padaung nas súas memorias de 2002, From the Land of Green Ghosts: A Burmese Odyssey.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1990 debido ao conflito co réxime militar de Birmania moitos membros da tribo fuxiron a zonas fronteirizas de Tailandia.[3] Padecendo os conflitos ao ser unha zona fronteiriza estes pobos estaban dispostos a sobrevivir coas esmolas que recibían dos turistas que pagaban por observar a aquelas mulleres da tribo que mantiñan a tradición tribal de levar un enfeite de latón en espiral arrodeándolles o pescozo e separando as vértebras cervicais dende a idade de 5 anos, engadíndolles co paso dos anos un elemento de maior lonxitude.

Segundo estudos antropolóxicos intúese que o abelorio serve para evitar mordedelas de tigres; Non obstante, a teoría máis probábel fala dun costume cultural co adobío como indicador de beleza.

O goberno birmano tratou de facer desaparecer o costume intentando mudar a imaxe de país pouco desenvolvido, de aí que moitas mulleres rachasen coa tradición; porén, vendo que os turistas nos últimos anos van buscando as famosas mulleres de pescozo de xirafa e que é un negocio rendíbel a tradición non chegou a perderse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rastorfer, Jean-Marc (1994). On the Development of Kayah and Kayan National Identity. Bangkok: Southeast Asian Publishing House. 
  2. Pascal Khoo Thwe, From the Land of Green Ghosts: A Burmese Odyssey (2002), ISBN 0-00-711682-9 Google books
  3. Thai Burma Border Consortium / A brief history of the Thailand Burma border situation Arquivado 5 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]