Pobo iban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo iban
Familia tradicional iban, circa 1920-1940.
Poboación
Poboación total:
c  1 046 400
Rexións principais:
Malaisia745 400[1]
Indonesia281 000[2]
Brunei20 000[3]
Aspectos culturais
LinguaLingua iban
Indonesio/malaio
RelixiónCristianismo (predominante)
animismo e minorías de islam
Grupos
relacionados
Kantu, dayak mualang
semberuang, bugau e sebaru

Os iban ou sea dayaks son un pobo dayak de Borneo. A maioría dos viven no estado malaisio de Sarawak. Crese que o termo "iban" era orixinalmente un exónimo empregado polo pobo kayan. Os iban eran coñecidos como cazadores de testas e a súa expansión tribal e territorial, e tiñan unha reputación como guerreiros fortes no pasado. Dende a chegada dos europeos e a subsecuente colonización da área, a caza de testas esmoreceu gradualmente malia que moitos outros trazos culturais sobreviviron, como a lingua iban. A poboación iban concéntrase en Sarawak, Brunei, e na provincia de Borneo Occidental, Indonesia. Viven ó xeito tradicional en casas comunais chamadas rumah panjai.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "State statistics: Malays edge past Chinese in Sarawak". The Borneo Post. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016. 
  2. "Iban of Indonesia". People Groups. Consultado o 2015-10-03. 
  3. "Iban of Brunei". People Groups. Consultado o 2015-10-03. 
  4. "Borneo trip planner: top five places to visit". News.com.au. 21 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015. 
  5. Leo Sutrisno (26 de decembro de 2015). "Rumah Betang". Pontianak Post. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sir Steven Runciman, The White Rajahs: a history of Sarawak from 1841 to 1946 (1960).
  • James Ritchie, The Life Story of Temenggong Koh (1999)
  • Benedict Sandin, Gawai Burong: The chants and celebrations of the Iban Bird Festival (1977)
  • Greg Verso, Blackboard in Borneo, (1989)
  • Renang Anak Ansali, New Generation of Iban, (2000)