Plutarco de Eretria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plutarco de Eretria (Πλούταρχος Plutarchus) foi tirano de Eretria na illa de Eubea. Podería ser o sucesor de Temisón e pertencente á súa familia, pero non hai constancia documental de que sexa así. Acadou a tiranía e sobre o -354 pediu axuda a Atenas contra o seu rival o tirano Calias de Calcis, aliado de Filipo II de Macedonia. Aínda que Demóstenes se opuxo a darlle axuda ningunha, finalmente o goberno ateniense aceptou enviar un continxente á fronte do que se puxo a Foción, o cal derrotou a Calias en Tamynae.

Nesta batalla a actuación de Plutarco puxo en perigo aos atenienses e aínda que seguramente foi por falta de habilidade, Foción considerouno unha traizón, e expulsouno do goberno de Eretria.