Plaza de Zorrilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°38′52″N 4°43′47″O / 41.64778, -4.72972

A Plaza de Zorrilla vista dende a rúa de Santiago.

A Plaza de Zorrilla é unha céntrica praza da cidade de Valladolid que leva o nome do escritor valisoletano José Zorrilla. Ten unha superficie de 6.410,9 m² e unha lonxitude de 93,89 metros.

Constitúe o punto de partida dunha das principais arterias da cidade: o Paseo de Zorrilla. Ademais na praza conflúen outras catro importantes rúas de Valladolid: Santiago, Miguel Íscar, a Acera de Recoletos e a rúa de María de Molina. Desde a plaza de Zorrilla accédese ao Parque do Campo Grande.