Os xogos Playfish son reforzados continuamente con novas funcións e desafíos. Os xogos son normalmente lanzados antes en Facebook para logo facer versións para outras redes sociais.
Pet Society é o xogo máis popular da empresa e ten máis de 1.000.000 de fans na súa páxina de Facebook. É unha das aplicacións que máis medra en Facebook.[1]
'Who has the Biggest Brain? foi o primeiro éxito da empresa. Foi un dos primeiros xogos de Facebook que atraeu a millóns de xogadores diarios, e permitiu á empresa aumentar o financiamento necesario para producir outros éxitos.