Foi reeditado co EP In God We Trust, Inc., que son as oito últimas cancións do CD. A fotografía da portada é "Hands", do fotógrafo Michael Wells. A mesma imaxe foi usada por outra banda de punk rock de San Francisco chamada Society Dog para o seu EP .....Off of the Leash, publicado en 1981. A meirande parte das edicións do álbum inclúen un libreto coas letras e pezas de collages de Biafra e Winston Smith ligados ás letras das cancións. Na reedición de 2001 a través do selo Manifesto, o comezo de "Government Flu" está nunha pista separada titulada "Advice from Christmas Past". Tamén hai un erro de escritura no CD de Manifesto onde "Bleed for Me" é titulada "Bleed for". Nas edicións orixinais en casete e vinilo a cara A son os temas 1-8 e a B os temas 9-13. Porén, nalgunhas reedicións en vinilo a cara A vai ata o tema 9 e a B contén o resto.
Plastic Surgery Disasters é un álbum cíclico, o que significa que o derradeiro tema, "Moon Over Marin", continua cara ao principio da primeira canción, "Government Flu".