Plastic Beach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Plastic Beach
Álbum de Gorillaz
Publicado3 de marzo do 2010
Gravaciónxuño do 2008 - novembro do 2009
Duración56:46
Xénero(s)pop, hip hop, electrónica
Selo(s)Parlophone, Virgin
Producido porGorillaz
Cronoloxía
Demon Days Plastic Beach The Fall

Plastic Beach é o terceiro álbum de estudio da banda virtual británica Gorillaz, editado o 3 de marzo do 2010 a través dos selos Parlophone e Virgin Records. Concibido dende un proxecto inacabado de Gorillaz chamado Carousel, o álbum foi gravado dende xuño do 2008 ata novembro do 2009 e foi producido principalmente por Damon Albarn. Nel aparecen varios artistas convidados, como Snoop Dogg, Gruff Rhys, De La Soul, Bobby Womack, Mos Def, Lou Reed, Mick Jones, Mark E. Smith, Paul Simonon, Bashy, Kano, Little Dragon e Hypnotic Brass Ensemble.

O disco estreouse no número 2 da lista británica de álbums, vendendo 74.000 copias na súa primeira semana. Nos Estados Unidos estreouse tamén no número 2 da lista Billboard 200, ao vender nese país 112.000, e foi listada tamén no top 10 de varios países máis. Despois do seu lanzamento, Plastic Beach recibiu polo xeral recensións positivas da meirande parte dos críticos musicais.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Orchestral Intro" (con sinfonia ViVA) - 1:09
  2. "Welcome to the World of the Plastic Beach" (con Snoop Dogg e Hypnotic Brass Ensemble) - 3:35
  3. "White Flag" (con Bashy, Kano e The National Orchestra for Arabic Music) - 3:42
  4. "Rhinestone Eyes" - 3:19
  5. "Stylo" (con Bobby Womack e Mos Def) - 4:29
  6. "Superfast Jellyfish" (con De La Soul e Gruff Rhys) - 2:54
  7. "Empire Ants" (con Little Dragon) - 4:43
  8. "Glitter Freeze" (con Mark E. Smith) - 4:02
  9. "Some Kind of Nature" (con Lou Reed) - 2:59
  10. "On Melancholy Hill" - 3:53
  11. "Broken" - 3:16
  12. "Sweepstakes" (con Mos Def e Hypnotic Brass Ensemble) - 5:19
  13. "Plastic Beach" (con Mick Jones e Paul Simonon) - 3:46
  14. "To Binge" (con Little Dragon) - 3:55
  15. "Cloud of Unknowing" (featuring Bobby Womack and sinfonia ViVA) - 3:05
  16. "Pirate Jet" - 2:32