Plantoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un plantoide é un robot ou forma de vida artificial deseñada para lucir, actuar e medrar como unha planta. O concepto foi orixinalmente descrito en 2010[1] (aínda que os modelos de sistemas comparables controlados por redes neuronais remóntanse a 2003[2]) e ata agora mantívose no plano teórico. Un prototipo da Axencia Espacial Europea atópase agora en desenvolvemento.[3]

Un plantoide incorpora por definición arquitectura distribuída consistente en módulos autónomos e especializados. Os módulos poden ser modelados como partes da planta e comunicarse de xeito simple. Intelixencia de Enxame. Este tipo de sistemas pode amosar unha notable robustez e resiliencia. Suponse que é capaz de recoletar e xestionar enerxía, se pode ter conciencia ambiental colectiva e moitas outras funcións.

Historia[editar | editar a fonte]

No 2016 un plantoide autónomo programado para aceptar doazóns de Bitcoin e usalas para pagar a un artista que o replique, foi creado por Primavera de Filippi, fundadora de Okahos, colectivo artístico tras a concreción do proxecto, que é tamén profesora asociada na facultade Berkman-Klein Center da Universidade Harvard e tamén é investigadora no Centre National de la Recherche Scientifique.

O programa auto-executado (un contrato intelixente na cadea de bloques de Ethereum) automatiza as transaccións. As persoas doadoras votan para determinar cal artista (ou colectivo artístico) construirá a seguinte versión. O plantoide contrata ós artistas e lles paga como parte do contrato.
As primeiras versións do plantoide e os seus creadores reciben unha parte das doazóns, creando un incentivo de mercadotecnia multinivel para que cada xeración teña a máxima descendencia posible. Os creadores supoñen que as versións esteticamente mais atractivas atraerán máis doazóns, creando un impulso para que os artistas poidan producir deseños cada vez máis agradables,[4]

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Un plantoide está composto por dous compoñentes esenciais:

  • O corpo do Plantoide, que é a súa forma física, consistente nun conxunto electro-mecánico que simula a aparencia dunha planta. É unha escultura metálica soldada que se mostra nun espazo público; un adorno estético que exhibe a súa beleza mecánica a quen se atope.
    Cando entra en contacto con organismos no mundo físico -como seres humanos -que poden amosar algunha forma de aprecio cara ao Plantoide (xeralmente mediante o envío dunha pequena doazón), o Plantoide pode espertar nun baile de música e luces, animado por unha mestura de avaricia mecánica e gratitude.
  • O espírito do Plantoide, i.e. A súa alma, só subsiste no mundo dixital e está representada por un axente de software autónomo que vive nunha cadea de bloques. Isto é o que constitúe a alma actual do Plantoide, xa que o corpo físico é simplemente un medio para conectar a súa lóxica interna con criaturas no mundo físico.

Estes dous compoñentes interactúan entre si coa intención de traer ó Plantoide á vida, e o máis importante, asegurar que poida reproducirse e perpetuarse no tempo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mazzolai, Barbara (January 2010). "The plant as a biomechatronic system". Plant Signalling & Behavior (Landes Bioscience) 5 (2): 90–93. PMC 2884106. doi:10.4161/psb.5.2.10457.  Consultado 2018-07-16
  2. Cheng Shao; Juan Nie; Furong Gao. "A robust iterative learning control with neural networks for robot" (PDF). Research Center of Information and Control, Dalian University of Technology. Consultado o 2018-07-16. 
  3. Nicole Martinelli (2007-10-30). "Smarty Plants: Inside the World's Only Plant-Intelligence Lab". Wired. Consultado o 2018-07-16. 
  4. Frank, Aaron (2016-12-21). "This Bitcoin-Eating Plant Robot Hires Artists to Make Its Babies". Singularity Hub. Consultado o 2018-07-16. 
  5. "I'm a PLANTOID:A Blockchain-based life form.". okhaos.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.