Planificación de proxectos
Aparencia
(Redirección desde «Planificación de proxecto»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2017) |
A planificación do proxecto, dentro da xestión de proxectos, é o proceso para cuantificar o tempo e orzamento que un proxecto custará. A finalidade da planificación do proxecto é criar un plano do proxecto que un xestor de proxecto poida usar para acompañar o progreso do seu equipo.
Como Planear un Proxecto
[editar | editar a fonte]- Determine as condicións exactas en que o proxecto é finalizado ou completado. Antes que estean absolutamente claros os obxectivos do proxecto, non ten sentido comezar a estimar canto tempo levará e canto custará. Por desgraza, moitos xerentes de proxecto fallan ao non examinar esta primeira etapa crucial.
- Faga un inventario de todo o traballo que precisa ser feito cunha estimativa do tempo necesario para un único membro do equipo. Isto pode ser feito nunha sesión da planificación con todos os membros do equipo. As tarefas que leven moito tempo para terminar precisan partirse en tarefas menores. O resultado é a Estrutura de Repartición de Tarefas, chamada en inglés work breakdown structure - WBS. Asegúrese de indicar os deliverables (entregábeis) do proxecto no WBS para que os obxectivos do proxecto sexan alcanzados.
- Identifique os recursos necesitados para executar cada elemento terminal do WBS (cada tarefa). Neste momento vostede pode estimar o custo para entregar cada elemento terminal e, consecuentemente, todo o proxecto (aproximación bottom-up).
- Decida se este plano ten sentido, isto é, se os custos xustifican os beneficios. Modifique os obxectivos e o traballo como necesario.
- Defina dependencias entre tarefas. Algunhas tarefas precisan finalizarse antes do comezo doutras tarefas. Pondo as tarefas en orde de conclusión, un xerente de proxecto constrúe un (diagrama PERT).
- Calcule o tempo mínimo para executar o proxecto: é o traxecto máis longo a través do (PERT) do comezo do proxecto ata a súa fin. Este traxecto chámase camiño crítico. As outras tarefas poden ser feitas en paralelo ao camiño crítico, mais calquera atraso nas tarefas do camiño crítico resultará automaticamente nun atraso do prazo total para finalizar o proxecto.
- Cree un cronograma do proxecto, por exemplo, utilizando un diagrama de Gantt.
- Faga un plano de xerencia de riscos e modifique o proxecto de acordo con este plano.
- Obteña o compromiso da organización en iniciar a execución do proxecto.
A planificación do proxecto non é algo para ser feito soamente unha vez no comezo do proxecto. Observar o progreso do seu equipo e actualizar adecuadamente o plano do proxecto debe ser unha tarefa constante do xerente de proxecto. Un programa informático de xestión de proxecto pode ser útil usado correctamente. Hai diversos padróns de xestión de proxecto que describen en detalle como planificar e controlar un proxecto.