Arquitectura de software
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A arquitectura software dun programa informático ou sistema é a estrutura ou estruturas de tal sistema que abranguen os elementos software, as características externamente visibles deses elementos e mailas relacións entre eles. A arquitectura software refírese ás decisións significativas sobre a organización dun sistema software, en canto a:
- a selección dos elementos estruturais (módulos) apropiados e das interfaces das que se compón tal sistema,
- a selección do seu comportamento de acordo co especificado nas colaboracións entre eses elementos,
- a composición de tales elementos estruturais e da distribución en subsistemas progresivamente máis grandes,
- e o estilo arquitectónico que dirixe tal organización.
A arquitectura software é a base da práctica da construción do software. Do mesmo xeito que un arquitecto de edificio fixa os principios e mailas metas dun proxecto de edificio, así tamén un arquitecto software precisa da arquitectura software como base para as especificacións reais do deseño do sistema, de acordo cos requisitos do cliente.
Un arquitecto software emprega o coñecemento extenso da teoría do software e da experiencia apropiada para conducir e manexar o deseño de alto nivel dun produto software. O arquitecto software desenvolve conceptos e plans en canto á modularidade do software, os métodos da interacción do módulo, o estilo do diálogo da interface utilizada, os métodos da interface cos sistemas externos, as características innovadoras do deseño e as operacións do obxecto do negocio, a lóxica e o fluxo de datos de alto nivel.