Placa suramericana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: mellorar redacción, lig. int. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Placa suramericana | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A placa suramericana é unha placa tectónica formada pola litosfera continental e pola litosfera oceánica, é dicir, mixta, que contén América do Sur e o suroeste do océano Atlántico. Está rodeada pola placa africana polo leste, pola placa caribeña e norteamericana polo norte, pola placa de Nazca polo oeste e pola placa antártica polo sur.
Evolución
[editar | editar a fonte]

Hai 225 millóns de anos formaba parte do supercontinente Panxea. O continente suramericano estaba unido a África polo leste e a Norteamérica polo norte.
Hai 180 millóns de anos a Panxea separouse. A placa suramericana pasou a formar parte da metade meridional, Gondwana. Aínda seguía unida a África.
Hai 135 millóns de anos comezouse a formar o Atlántico Sur, pola formación da dorsal suratlántica.
Hai 65 millóns de anos, seguía crecendo o océano Atlántico, mentres a placa de Nazca comezou a subducir por debaixo da placa suramericana, o que provoca a formación da cordilleira dos Andes.
Na actualidade segue crecendo o océano Atlántico a unha velocidade aproximada de 3 cm por ano. Ademais a placa de Nazca segue subducindo, o que provoca unha alta actividade sísmica no oeste de Suramérica.
En teoría, e sempre que non haxa un cambio, a placa suramericana tende a acercarse a Asia e a Australia, reducíndose o océano Pacífico. No futuro poderían chegarse a unir Suramérica con Australia e Asia.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Placa suramericana |