Plaça de la Universitat
Aparencia
Plaça de la Universitat | |
---|---|
Edificio histórico da Universidade de Barcelona, na plaça de la Universitat. |
A Plaça de la Universitat é unha praza da cidade de Barcelona, na confluencia entre a Gran Via de les Corts Catalanes, a Ronda de Sant Antoni e a Ronda de la Universitat. Está situada na fronteira entre os distritos de L'Eixample e Ciutat Vella, concretamente entre os barrios de Sant Antoni, L'Antiga Esquerra de l'Eixample e El Raval.
Na cara norte da praza atópase o Campus de Humanidades, no edificio histórico da Universidade de Barcelona. Este edificio foi construído no século XIX pouco despois do retorno da universidade na cidade, sendo o campus de máis antigüidade de dita institución.
Na praza está a estación de Universitat do Metro de Barcelona, onde conflúen a Liña 1 e a Liña 2.