Plácido Moas Cotilla
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX |
| Morte | século XX |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, xornalista |
| Pseudónimo literario | Amado L. Picos |
Plácido Moas Cotilla foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sucedeu a Severiano López Tojo na dirección de El Eco de Vivero dende 1889.[1] Abandonou a dirección en 1893 e converteuse en administrador do periódico. En 1906 cesou como administrador pero continuou colaborando no xornal co pseudónimo Amado L. Picos. Foi secretario do xulgado municipal de Viveiro, abandonando o cargo en 1895 para traballar como procurador.[2] En 1905 foi nomeado fiscal municipal suplente de Viveiro.[3] Marchou a Cuba, onde foi socio do Hotel Dos Hermanos, regresando a Galicia en 1921.[4]