Saltar ao contido

Plácido Lizancos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPlácido Lizancos Santos
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Fisterra, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, catedrático, editor, pedagogo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLaura, Plácido Lizancos Mora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX955879


Plácido Lizancos Santos, nado en Fisterra o 28 de xaneiro de 1932 e finado na Coruña o 5 de decembro de 2018,[1] foi un tradutor, editor e pedagogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou nos Seminarios de Santiago e Tui. Cando estaba a punto de ordenarse sacerdote abandonou a vocación e trasladouse a Venezuela. Licenciouse en Filosofía Hispánica na Universidade Central de Caracas. Impartiu clases en varios centros de ensinanza, colaborou na prensa e coa Irmandade Galega de Caracas. Retornou a Galicia e instalouse na Coruña onde traballou como profesor. Colaborou en La Opinión e foi director do Curso Práctico de Galego que distribuíu o xornal.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Día do Ensino de 2013, a Fundación Barrié (con Neira Vilas).