Piromorfita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Piromorfita | |
|---|---|
Cristais verdes de piromorfita | |
| Información xeral | |
| Fórmula química | Pb₅(PO₄)₃Cl |
| Clase | Fosfatos |
| Sistema cristalino | Hexagonal |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Incolora, branca, verde, alaranxada, parda e amarela |
| Brillo | Resinoso |
| Dureza | 3,5-4 |
| Exfoliación | Imperfecta |
| Fractura | Subconcoidea |
| Raia | Verde escura |
| Densidade | 6,7-7,14 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A piromorfita (tamén chamada poliesferita) é un mineral da clase dos fosfatos cuxa fórmula química é Pb5Cl(PO4)3 (82% de PbO, 15% de P2O5 e 3% de cloro).
Aspecto
[editar | editar a fonte]Este mineral cristaliza no sistema hexagonal, polo que é frecuente observar o crecemento de prismas hexagonais (aínda que dunha escasa perfección, pois ás súas caras crecen abonbadas recordando a forma dun bocoi), de múltiples cores; sendo as máis frecuentes a verde e a parda.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A piromorfita preséntase asociada moitas das veces á galena (en depósitos de chumbo), na parte máis superficial dos xacementos, coma os de Losacio e Mondoñedo en España. Tamén son coñecidos importantes xacementos en México.
Usos da piromorfita
[editar | editar a fonte]Úsase para obter chumbo, debido ás altas concentracións de óxido de chumbo na piromorfita. É un mineral moi apreciado polos coleccionistas.
