Arsenopirita
Arsenopirita | |
---|---|
Cristais de arsenopirita | |
Fórmula química | FeAsS |
Clase | Sulfuros |
Sistema cristalino | Monoclínico (en cristais prismáticos) e rómbico |
Cor | Branca a gris aceirada |
Brillo | Metálico |
Dureza | 5,5-6 |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Gris escura ou negra |
Densidade | 5,9-6,2 g/cm3 |
A arsenopirita (tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeAsS e que cristaliza no sistema monoclínico.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A arsenopirita aparece normalmente en forma de cristais dodecaédricos e prismáticos, aínda que tamén o fai en forma de masas amorfas. Son típicas as maclas por compenetración en forma de punta de lanza ou en forma es estrela (crecemento acicular). A súa cor é agrisada.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Aparece con frecuencia en depósitos sulfurosos asociada a minerais como a pirita, a calcopirita, a pirrotina ou a siderita.
Usos da arsenopirita
[editar | editar a fonte]A arsenopirita emprégase para a fabricación de aliaxes metálicas e de vidro, en aplicacións médicas, en insecticidas, en pirotecnia e para a elaboración de pigmentos.
Outros sulfuros
[editar | editar a fonte]Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a pirita, calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.