Piragüismo en maratón
O piragüismo en maratón é un deporte no que os piragüistas vogan un kaiak ou unha canoa sobre unha longa distancia.
Se ben a Federación Internacional de Piragüismo establece que as distancias estándar son ata 30 km, moitas carreiras son máis longas.[1] Moitas probas inclúen seccións de ríos con correntes e portaxes para superar obstáculos. Non é unha modalidade olímpica e a máxima competición deste deporte é o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón.
Clases
[editar | editar a fonte]As probas de piragüismo en maratón divídense xeralmente en diferentes clases. As máis comúns son:
- K1
- K2
- K4
- C1
- C2
K refírese a un kaiak e C a canoa.[2] O número fai referencia ao número de padexeiros por embarcación.
Distancias
[editar | editar a fonte]As distancias varían dependendo da clase, o sexo ou a idade. As distancias acostuman a ser as seguintes:
- 30 km: para as categorías kaiak masculino sénior.
- 26.25 km: para as categorías canoa, kaiak feminino sénior e kaiak masculino sub23.
- 22.5 km: para as categorías canoa e kaiak feminino sub23 e kaiak masculino júnior.
- 18.75 km: para as categorías canoa e kaiak feminino júnior.
Portaxes
[editar | editar a fonte]Unha portaxe é aquela fase da competición na que o participante debe baixar da embarcación e cargar con ela a pé unha distancia de entre 100 e 300 metros en dirección ao punto no que debe continuar a súa carreira na auga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What is Canoe Marathon?" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Especificacións das embarcacións" (PDF). www.omckra.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.