Piove (Ciao ciao bambina)
«Piove (Ciao ciao bambina)» | ||
---|---|---|
Sinxelo de Domenico Modugno | ||
Lanzamento | 1959 | |
Formato | Disco de vinilo 7" | |
Gravada | 1959 | |
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Italiano | |
Duración | ||
Discográfica | Fonit Cetra | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Domenico Modugno (música) Dino Verde (letra) | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Piove (Ciao ciao bambina)» é unha canción composta e interpretada en italiano por Domenico Modugno.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Fonit Cetra.[2] Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.[3][4]
Festival de Eurovisión 1959
[editar | editar a fonte]Piove | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1959 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Domenico Modugno (música) Dino Verde (letra) |
Director | William Galassini |
Resultados | |
Posto na Final | 6.º |
Puntos na Final | 9 |
Cronoloxía | |
◄ «Nel blu, dipinto di blu» (1958) | |
«Romantica» (1960) ► |
Selección
[editar | editar a fonte]«Piove (Ciao ciao bambina)» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1959,[3] onde foi interpretada dúas veces, unha por Modugno e outra por Johnny Dorelli.[5]
No festival
[editar | editar a fonte]A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Piove», sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno.[4] A orquestra foi dirixida por William Galassini.[6]
Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» e precedendo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Bélxica.[7]
Versións
[editar | editar a fonte]- En 1959 a canción entrou nas listas de éxito de Hong Kong tras ser gravada polo grupo local The Yee Tin Tong Mandolin Band, publicada por Diamond Records Company.
- A cantante Dalida gravou unha versión en francés.[8]
- En 1961, a canción foi versionada pola cantante de Hong Kong Kong Ling (江玲), no seu álbum Off-Beat Cha Cha.[9]
- O tenor italoestadounidense Sergio Franchi gravou a canción como «Ciao, Ciao Bambina» no seu disco de 1966 La Dolce Italy para RCA Victor.[10]
- En 2015, o trío italiano de ópera pop Il Volo gravou unha versión no seu EP Sanremo Grande Amore.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Piove". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ "Domenico Modugno Con L'Orchestra Del Festival* – Piove (Ciao Ciao Bambina)". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Italy 1959" [Italia 1959]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 UER (ed.). "Domenico Modugno - Italy — Cannes 1959" [Domenico Modugno - Italia — Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ "Festival di Sanremo del 1954" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ "William Galassini". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1959, William Galassini. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ UER (ed.). "Final of Cannes 1959" [Final de Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ Dalida Accompagnée Par Raymond Lefèvre Et Son Grand Orchestre – Ciao Ciao Bambina
- ↑ Kong Ling – Hong Kong Presents Off-Beat Cha Cha
- ↑ Sergio Franchi
- ↑ "Grande Amore - Il Volo". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: «Nel blu, dipinto di blu» Domenico Modugno |
Italia no Festival de Eurovisión 1959 |
Sucesor: «Romantica» Renato Rascel |