piouhgd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aviso: O título amosado "piouhgd" anula o título anterior "<i>Piouhgd</i>".

piouhgd
Álbum de Butthole Surfers
Publicado20 de febreiro de 1991
Duración51:39
Xénero(s)avant-garde, hardcore punk, neo-psychedelia
Selo(s)Rough Trade Records
Cronoloxía
Hurdy Gurdy Man
(1990)
piouhgd Independent Worm Saloon
(1993)

piouhgd é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Butthole Surfers, publicado o 20 de febreiro de 1991 a través do selo Rough Trade Records. O disco foi reeditado por Capitol Records en 1992 debido a que quedou descatalogado despois de que a rama estadounidense de Rough Trade pechase o ano anterior. Capitol mercou os dereitos do álbum tras o seu lanzamento inicial, co obxectivo de afastar a outros selos da banda.[1] O disco foi reeditado novamente en outubro de 2007 a través do propio selo de Butthole Surfers, Latino Buggerveil, e incluía as catro cancións do seu EP de 1989 Widowermaker como cancións extra.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Butthole Surfers, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "Revolution Part 1"   2:18
2. "Revolution Part 2"   7:28
3. "Lonesome Bulldog"   4:42
4. "Lonesome Bulldog II"   0:39
5. "The Hurdy Gurdy Man" (letra e música por Donovan) 3:59
6. "Golden Showers"   3:17
7. "Lonesome Bulldog III"   0:37
8. "Blindman"   3:40
9. "No, I'm Iron Man"   2:25
10. "Something" (letra por Butthole Surfers, música por William Reid e Jim Reid) 2:06
11. "P.S.Y."   12:12
12. "Lonesome Bulldog IV"   0:41

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Butthole Surfers – Piouhgd (Capitol, 1992) SPIN". Consultado o 2019-12-14. 
  2. "Butthole Surfers - Piouhgd + Widowermaker!". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-14.