Saltar ao contido

Pinópodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os pinópodos ou uterodomas son protrusións da membrana celular apical das células do epitelio interno do útero, o endometrio.[1][2]

Os pinópodos teñen unha función pinocítica (e de aí vén o nome pinópodo, en grego 'pé bebedor') e tamén secretora.[3] Os seus vacúolos secretores diríxense ao lume uterino e o seu contido pode proporcionar nutrientes necesarios para o embrión. Tamén axudan ao embrión a adherirse ao endometrio uterino. Co desenvolvemento de pinópodos hai unha diminución do contacto das células epiteliais entre si, o cal favorece a adhesión e penetración do blastocisto.[2]

A utilidade dos pinópodos como marcadores da receptividade endometrial foi discutida na literatura no pasado,[4] mais agora é aceptada de forma xeral.[1]

Estrutura e morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Os pinópodos adoitan medir de 5 a 10 μm de longo. A súa estrutura depende da fase do ciclo menstrual en que se encontre o organismo,[1] xa que os pinópodos están regulados por hormonas sexuais, o estróxeno e a proxesterona.[2] En estudos feitos en ratas observouse que a proxesterona estimula o desenvolvemento dos pinópodos, mentres que o estróxeno é responsable da súa regresión.[5][6]

Xeralmente, a primeira fase de desenvolvemento ten lugar durante o inicio da fase lútea, arredor dos días 17-18 do ciclo menstrual. Durante ese período, aparece unha protuberancia celular. Na fase lútea media de desenvolvemento, arredor dos días 20-22, é cando os pinópodos son máis prominentes. Durante esta fase de pico, estas estruturas teñen aspecto esférico e suave, sen microvilosidades.[7] Contra o final da fase secretora, arredor dos días 23-35 do ciclo, prodúcese o período de regresión. Neste fase, a estrutura múrchase e aparece engurrada.[8] Non todos os pinópodos da superficie endometrial se desenvolve ao mesmo tempo, o que afecta á regularidade da súa distribución na membrana.[2]

Dentro dos pinópodos atópase F-actina. O citoesqueleto está feito principalmente de microfilamentos de actina. A estrutura varía entre especies. En roedores os pinópodos conteñen moitos vacúolos. Os pinópodos humanos non conteñen grandes vacúolos, pero teñen vesículas secretoras, e porcións de retículo endoplasmático rugoso e de aparato de Golgi. Atopáronse mitocondrias e glicóxeno en pinópodos de roedores, pero non nos humanos.[2]

Receptividade endometrial

[editar | editar a fonte]

Na literatura previa cuestionárase a validez do papel dos pinópodos na receptividade endometrial e implantación.[4] Porén, na literatura máis recente descríbense as correlacións positivas atopadas entre a presenza de pinópodos e a receptividade endometrial. As mulleres ás que se lles realiza unha fecundación in vitro que teñen unha alta presenza de pinópodos teñen máis probabilidade de conseguir unha mellor taxa de implantación do embrión e de embarazo se as comparamos con mulleres cunha baixa cobertura de pinópodos.[9] A ventá de implantación é o período de tempo no cal o endometrio é receptivo á adhesión do blastocisto.[10] Debido a que o desenvolvemento dos pinópodos se solapa coa ventá de implantación, pode producirse a adhesión do blastocisto, o cal proporciona as moléculas de adhesión necesarias para o proceso de implantación.[11] Os ensaios e investigacións que se están facendo actualmente mostran que os pinópodos son un marcador fiable da receptividade endometrial.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 Quinn, Kelsey E.; Matson, Brooke C.; Wetendorf, Margeaux; Caron, Kathleen M. (2020). "Pinopodes: Recent advancements, current perspectives, and future directions". Molecular and Cellular Endocrinology (en inglés) 501: 110644. PMC 6962535. PMID 31738970. doi:10.1016/j.mce.2019.110644. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rarani, Fahimeh Zamani; Borhani, Fatemeh; Rashidi, Bahman (2018). "Endometrial pinopode biomarkers: Molecules and microRNAs". Journal of Cellular Physiology (en inglés) 233 (12): 9145–9158. ISSN 0021-9541. PMID 29968908. doi:10.1002/jcp.26852. 
  3. Kabir-Salmani, M et al. Secretory role for human uterodomes (pinopods): secretion of LIF. Molecular Human Reproduction 2005 11(8):553-559 http://molehr.oxfordjournals.org/cgi/content/full/11/8/553
  4. 4,0 4,1 Quinn, CE and Casper, RF. Pinopodes: a questionable role in endometrial receptivity. Human Reproduction Update 2009 15(2):229-236 http://humupd.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/15/2/229
  5. Singh, M.M; Trivedi, R.N; Chauhan, S.C; Srivastava, V.M.L; Makker, A; Chowdhury, S.R; Kamboj, V.P (1996). "Uterine estradiol and progesterone receptor concentration, activities of certain antioxidant enzymes and dehydrogenases and histoarchitecture in relation to time of secretion of nidatory estrogen and high endometrial sensitivity in rat". The Journal of Steroid Biochemistry and Molecular Biology (en inglés) 59 (2): 215–224. PMID 9010337. doi:10.1016/S0960-0760(96)00102-1. 
  6. Sarantis, Loukia; Roche, Daniele; Psychoyos, Alexandra (1988). "Displacement of receptivity for nidation in the rat by progesterone antagonist RU 486: a scanning electron microscopy study". Human Reproduction (en inglés) 3 (2): 251–255. ISSN 1460-2350. PMID 3356782. doi:10.1093/oxfordjournals.humrep.a136688. 
  7. Quinn, C.E.; Casper, R.F. (2008-11-05). "Pinopodes: a questionable role in endometrial receptivity". Human Reproduction Update (en inglés) 15 (2): 229–236. ISSN 1355-4786. PMID 18997181. doi:10.1093/humupd/dmn052. 
  8. Nikas, George (2000). "Endometrial Receptivity: Changes in Cell-Surface Morphology". Seminars in Reproductive Medicine 18 (3): 229–236. PMID 11299962. doi:10.1055/s-2000-12561. 
  9. Qiong, Zhang; Jie, Hao; Yonggang, Wang; Bin, Xu; Jing, Zhao; Yanping, Li (2017). "Clinical validation of pinopode as a marker of endometrial receptivity: a randomized controlled trial". Fertility and Sterility (en inglés) 108 (3): 513–517.e2. PMID 28807395. doi:10.1016/j.fertnstert.2017.07.006. 
  10. Harper, Michael J.K. (1992). "10 The implantation window". Baillière's Clinical Obstetrics and Gynaecology (en inglés) 6 (2): 351–371. PMID 1424330. doi:10.1016/S0950-3552(05)80092-6. 
  11. Da Broi, Michele G.; Rocha, Carlos V.; Carvalho, Filomena M.; Martins, Wellington P.; Ferriani, Rui A.; Navarro, Paula A. (2017). "Ultrastructural Evaluation of Eutopic Endometrium of Infertile Women With and Without Endometriosis During the Window of Implantation: A Pilot Study". Reproductive Sciences (en inglés) 24 (10): 1469–1475. ISSN 1933-7191. PMID 28173742. doi:10.1177/1933719117691142. 
  12. Jin, X Y; Zhao, L J; Luo, D H; Liu, L; Dai, Y D; Hu, X X; Wang, Y Y; Lin, X; Hong, F; Li, T C; Zhang, S Y (2017-12-01). "Pinopode score around the time of implantation is predictive of successful implantation following frozen embryo transfer in hormone replacement cycles". Human Reproduction (en inglés) 32 (12): 2394–2403. ISSN 0268-1161. PMID 29040606. doi:10.1093/humrep/dex312.