Pilar López Sancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar López Sancho
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , mestra , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas
Materials Science Institute of Madrid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Pilar López Sancho, nada en Madrid, en 1953, é doutora en Ciencias Físicas e profesora de investigación do CSIC, no Departamento de Teoría e Simulación de Materiais do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid do CSIC.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Físicas na Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1975 e doutorouse en 1979 na mesma universidade.Ao rematar a súa licenciatura concedéronlle unha bolsa de Formación de Persoal Investigador para levar a cabo a súa tese doutoral en Física de Superficies no Centro de Física Aplicada Leonardo Torres Quevedo do CSIC. A súa tese virou ao redor dun estudo experimental da interacción de gases con metais, de gran relevancia en Física de Superficies polas posibles aplicacións industriais.

En 1979 viaxou a Londres para comezar unha estadía posdoutoral no Imperial College, onde empezou a realizar traballo teórico e o estudo das propiedades electrónicas de metais e modelos de quimisorción. Ao regresar a España foi contratada no Instituto de Física de Materiais do CSIC como bolseira posdoutoral até 1986.Ee mesmo ano, comezou a ser Colaboradora Científica no CSIC para centrarse no estudo destes materiais. Desde entón desenvolveu sempre a súa actividade profesional nesta institución como Investigadora Científica entre 1990 e 2006 e como Profesora de Investigación até a actualidade, compaxinándoa con estancias en diversos centros de investigación.[1]

Pilar López Sancho é crítica coa desigualdade de xénero a nivel laboral no ámbito da investigación.[3][4][5]Afirma que no ámbito da investigación, a pesar de ser obxectivo e imparcial, percíbese a mesma desigualdade de xénero que nos demais ámbitos da sociedade e que esta realidade non estaba plasmada nas estatísticas. E como exemplo desa maior taxa de éxito dos científicos apunta: “Na miña traxectoria no CSIC vin moitas mulleres xubilarse na categoría máis baixa e só uno ou dous homes”.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Desde 2008 preside a Comisión de Mulleres e Ciencia do CSIC. Tamén foi presidenta do Grupo Especializado de “Mulleres en Física” da RSEF de 2002 a 2018 e da Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas (AMIT) entre 2010 e 2013. Colabora asiduamente co Programa L’Orèal-UNESCO “For Women in Science”.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mª del Pilar López Sancho". AMIT (en castelán). 2015-11-16. Consultado o 2020-09-05. 
  2. "- Pilar López Sancho -". Regueifas de Ciencia (en castelán). Consultado o 2020-09-05. 
  3. Salas, Javier (25 de outubro de 2017). "Entrevista | “A los científicos les cuesta mucho reconocer sus sesgos machistas”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Mujeres científicas". La Vanguardia (en castelán). 2013-05-24. Consultado o 2020-09-05. 
  5. "Pilar López Sancho, el rigor de una mirada comprometida con la igualdad". Ameco Press. 2018-03-13. Consultado o 2020-09-05. 
  6. "Grupo Especializado de Mujeres en Física de la RSEF". 
  7. Pilar López Sancho “Es importante que las mujeres investiguen e influyan en el desarrollo de la nueva Física"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]