Pierre Nkurunziza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHis Excellency (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pierre Nkurunziza
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1964 Editar o valor em Wikidata
Bujumbura
Morte8 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Karuzi (Burundi) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria e COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGitega Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente de Burundi
Período26 de agosto de 2005 - 8 de xuño de 2020
AntecesorDomitien Ndayizeye
Datos persoais
País de nacionalidadeBurundi Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo evanxélico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Burundi (pt) Traducir
Universidade Nacional de Ruanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico
Partido políticoCNDD-FDD
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDenise Bucumi
PaiEustache Ngabisha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Twitter: pnkurunziza WikiTree: Nkurunziza-1 Editar o valor em Wikidata


Pierre Nkurunziza, nado o 18 de decembro de 1963 en Bujumbura e finado o 8 de xuño de 2020 en Karuzi, foi un político de Burundi, presidente do seu país durante máis dunha década, líder do Consello Nacional das forzas democráticas de defensa da democracia (CNDD). O CNDD foi un grupo rebelde hutu de Burundi, que logo se converteu en partido político.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nkurunziza naceu en 1963 na antiga capital de Burundi, Bujumbura. Concorreu á escola primaria na provincia de Ngozi e a secundaria en Kitenga antes de graduarse na Universidade de Burundi en 1990 con títulos de Educación e Deporte. O seu pai, Eustache Ngabisha, foi elixido en 1965 para o parlamento e foi logo gobernador de dúas provincias antes de morrer asasinado en 1972 durante a violencia étnica que custou a vida a outras 100000 persoas en Burundi. Nkurunziza era profesor adxunto na Universidade de Burundi, cando estalou a guerra civil en Burundi, logo do asasinato do primeiro presidente de etnia Hutu no país, Melchior Ndadaye, en 1993.

Uniuse ao CNDD-FDD en 1995 como soldado, logo de que o exército atacase o campus da Universidade, en 2004 tivo unha entrevista co IRIN onde lembra o sucedido naquel entón:

"En 1995, o exército Tutsi atacou o campus e matou a 200 estudantes. Tentaron matarme a min tamén. Os atacantes dispararon sobre o meu coche pero eu saín e fuxín. Incendiáronme o coche. Despois uninme ao CNDD-FDD como soldado. Esta guerra foinos imposta, non a comenzamos nós."

Logo seguiu un progreso dentro do CNDD-FDD até chegar ao cargo de Secretario Xeral en 1998. En 2001, foi elixido xefe (chairman).

Ademais en 2003, foi designado Ministro de Bo Goberno no mandato transicional de Domitien Ndayizeye.

Chegada á presidencia[editar | editar a fonte]

Logo das vitorias electorais do CNDD-FDD nas eleccións de Burundi de xuño de 2005, Nkurunziza foi designado como candidato a presidente. Foi elixido presidente sen oposición polo Parlamento de Burundi (actuando como colexio electoral) o 19 de agosto de 2005 e asumiu este cargo o mesmo 26 de agosto.

Autodescrito como cristián "renacido", Pierre Nkurunziza casou en 1994 e foi pai de dous nenos. Tivo 6 irmáns, dos que dous deles morreron na guerra civil de 1993 e outros tres como soldados do CNDD-FDD. Só unha dos 7 irmáns era muller, e aínda lle vive. De perfil ultraconservador en asuntos sociais, Nkurunziza combate a homosexualidade no seu país e mesmo foi distinguido por iso de parte dunha asociación católica italiana.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Presidente de Burundi

Segue a:
Domitien Ndayizeye
Pierre Nkurunziza
Precede a:
- Évariste Ndayishimiye
CNDD-FDD