Pier Pavilion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pier Pavillion foi un estadio de hóckey a patíns da localidade de Herne Bay (Inglaterra) inaugurado o 1 de decembro de 1910.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nos máis de 100 anos de historia acolleu en numerosas ocasións os Campionatos de Europa (acollendo a súa primeira edición oficial en 1926) e Campionatos do Mundo da modalidade, convertendo a Herne Bay nunha das capitais mundiais do hóckey a patíns. O 23 de xuño do 2011, coa disputa das finais da Copa de Inglaterra nas distintas categorías, o Pier Pavilion pechou as portas.

O mítico Pier Pavilion destacaba por estar construído sobre estacas enriba do mar, este impoñente e fermoso pavillón foi construído nunha época na que o hóckey a patíns era un deporte en expansión no Reino Unido, sendo practicado en diversas localidades do Sur e Sueste do país, amais da capital, Londres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]