Pico do Cabuji

O Pico do Cabuxi (en tupí-guaraní, peito de moza), co 590 m de altitude, é un volcán extinto localizado no límite entre os municipios de Lajes e Angicos, no estado de Río Grande do Norte, Brasil. A súa imaxe, bastante difundida no estado, é practicamente un dos seus símbolos informais.
Controversia histórica[editar | editar a fonte]
O investigador Lenine Pinto defende a tese de que o Brasil foi descoberto na rexión do actual municipio de Touros, Río Grande do Norte, e que o verdadeiro Monte Pascoal sería o Pico do Cabuxi.
A súa tese foi descrita no libro Reinvenção do Descobrimento, publicado en 1998.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tese Ousada: Cabral no Litoral Potiguar (tribunadonorte.com.br)
- A outra historia (tribunadonorte.com.br)