Saltar ao contido

Pickup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha Toyota Hilux moderna cunha cuberta de lona na caixa.
Santana Aníbal, derivado español do Land Rover.

A pickup é un tipo de automóbil que ten na súa parte traseira unha zona de carga descuberta (denominada "caixa"), na cal se poden colocar obxectos grandes. Polo xeral, esta área está rodeada por unha parede de medio metro de alto; a parte posterior pode abaterse para poder cargar e descargar obxectos. A plataforma de carga pode ser cuberta nalgúns modelos cunha lona ou cunha estrutura de fibra de vidro.

Segundo o mercado, as pickups poden variar conforme o seu tamaño, configuración de cabina e caixa, tracción, motor e chasis. En América e Asia, a maioría das pickups posúen chasis de largueiros; as pickups dividense en compactas, medias e grandes en correspondencia co longo (5,00, 5,50 e 6,00 metros de longo, aproximadamente). En Latinoamérica e outros países subdesenvolvidos existen pickups aínda máis pequenas, con chasis autoportante e baseadas nos automóbiles de turismo do segmento B, duns 4,50 metros de longo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]