Saltar ao contido

Phở

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phở

Phở (esquerda) acompañado de onigiri (dereita).
Outros nomes Pho
Tipo Sopa
Orixe Vietnam
Ingredientes
Orixe animal tenreira
Orixe vexetal Fideo
Cebola
Coantro
Condimentos Anís
Menta

Phở ou pho é unha prato tradicional da cociña vietnamita, baseado no que se denomina como sopa de fideos.[1][2] É un prato de fideos de arroz brancos nun caldo claro de vitela, acompañado de cebolas verdes e brancas, follas de coandro, anís estrelado e menta. O limón, a lima, as vaíñas de feixón e pementos poden engadirse ó caldo segundo o gusto do comensal. O prato Banh dóna, da zona norte de Vietnam, é moi semellante ó pho.

O phở é orixinario da provincia de Nam Dinh, mais fíxose popular en Hanoi.[3] Adóitase comer no almorzo, pero tamén noutros momentos do día.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Thanh Nien staff (3 de febreiro de 2012). "Vietnamese street food a gourmet’s delight". Thienh Nien News. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2012. A visit to Vietnam would never be complete, Lister said, without the taste of food on the street, including phở - beef noodle soup,... 
  2. Phong Lan (29 de xuño de 2012). "Hanoi by night". Thanh Nien News. “With just VND100,000 in our pocket, we feel secure enough to take off,” Thu says. “The money will be spent on a bowl of phở, bún (noodle), and drinks along the way. Sometimes we would take the food and enjoy it elsewhere." 
  3. To Van Nga (8 de xullo de 2011). "Rice with a difference". Thanh Nien News. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2012. Noodles in the form of the vermicelli-like bún, the northern favorite phở, or perhaps some hủ tiếu or mì make a welcome change from plain rice.