Peña Vieja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°10′29″N 4°48′30″O / 43.1747, -4.80833

Cara norte da Peña Vieja

Peña Vieja é un cumio situado no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, en Cantabria.[1]

Cos seus 2.617 metros de altitude representa o pico máis alto localizado íntregramente dentro do territorio de Cantabria. Tradicionalmente pensouse que era a cima máis alta de Cantabria, aínda que en realidade a honra pertence a Torre Blanca.[2]

A primeira ascensión coñecida débese ao conde Saint-Saud, acompañado de Cosme Soberón e Jerónimo Prieto, o 9 de xullo de 1890. Subindo polo collado da Canalona é un dos picos de 2.600 metros máis gratificantes de conquistar de Picos de Europa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Picos de Europa. Macizos Central y Oriental (Mapa). 1:25000. Adrados Ediciones. 1997. 
  2. "Mendikat :: Torre Blanca ( 2.619 m )". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016.