Peña Vieja
Aparencia
Coord.: 43°12′N 4°48′O / 43.2, -4.8
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Parque Nacional dos Picos de Europa | |||
| Localización | ||||
| Continente | Europa | |||
| División administrativa | Cantabria, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Picos de Europa | |||
| Características | ||||
| Altitude | 2.617 m | |||
| Prominencia topográfica | 217 m | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 9 de xullo de 1890 | primeira ascensión | |||
Peña Vieja é un cumio situado no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, en Cantabria.[1]
Cos seus 2.617 metros de altitude representa o pico máis alto localizado íntregramente dentro do territorio de Cantabria. Tradicionalmente pensouse que era a cima máis alta de Cantabria, aínda que en realidade a honra pertence a Torre Blanca.[2]
A primeira ascensión coñecida débese ao conde Saint-Saud, acompañado de Cosme Soberón e Jerónimo Prieto, o 9 de xullo de 1890. Subindo polo collado da Canalona é un dos picos de 2.600 metros máis gratificantes de conquistar de Picos de Europa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Picos de Europa. Macizos Central y Oriental (Mapa). 1:25000. Adrados Ediciones. 1997.
- ↑ "Mendikat :: Torre Blanca ( 2.619 m )". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peña Vieja |
