Petite philosophie à l’usage des non philosophes
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Petite philosophie à l’usage des non philosophes é unha obra escrita por Albert Jacquard coa colaboración de Huguette Planés que achegou o prólogo. Publicouse por vez primeira en francés en 1997.
Resumo[editar | editar a fonte]
Trata de explicar moitas das dúbidas que esta sociedade se pode formular, todas elas foron sacadas de diversas charlas, onde a xente preguntou todo o que se lle ocorrera nese intre.
Do A ó Z[editar | editar a fonte]
- A. Alteridade (o outro): como convivir uns cos outros, todos precisamos de todos.
- B. Bioloxía: cal é realmente o comezo da vida? A vida constrúese etapa por etapa, non de forma súbita, e grazas a aparición dunha complexidade crecente.
- C. Cociente intelectual: a desgraza dun tipo intelixente é que nunca o é o suficiente como para non se dicir a si mesmo que é o máis intelixente. Dende qué punto de vista podemos analizar a intelixencia realmente.
- C. Conciencia (e inconsciente): a conciencia trata dunha realidade que nos permite saber como somos.
- D. Demografía: realmente todos somos iguais vivamos onde vivamos.
- E. Espazo-tempo: (O home non ten porto nin o tempo beira, flúe e nós pasamos) O tempo nunca se detén e o espazo pode ser abstracto ou concreto.
- E. Ética: podemos situar a responsabilidade como a orixe da ética.
- F. Felicidade: (Facede as persoas felices e farédeas mellores) Na sociedade todos temos dereito a ter unha felicidade colectiva.
- F. Fraternidade: trata de persoas que están de acordo normalmente. E a posible intervención de cada un na realización da persoa do outro.
- G. Xenética: (Se son diferente de ti, lonxe de danarte, fágoche máis forte) Fálase de dúas modalidades, unha é na que se produce un ser idéntico a ti, e na outra a partir de dúas persoas obtense unha terceira.
- H. Hitler: esta persoa quitáballe ás persoas a súa identidade como home.
- I. Imaxinación: o coñecemento dun mesmo como o doutro depende da nosa capacidade de imaxinalo, isto é diferente a tradición filosófica.
- J. Xustiza e dereito: casos nos que estamos obrigados a obedecer a un sistema inxusto.
- K. Kuwait: cando os ricos guerrean morren os pobres.
- L. Liberdade: (só conservamos a liberdade arriscando a propia vida). A liberdade só é propia dos seres humanos, xa que para os animais só existe o pasado e o presente e na nosa especie tamén existe o futuro.
- M. Matemáticas (lóxica): todos somos bos en matemáticas aínda que haxa xente que non o queira ver dese xeito. É natural non sentir interese por todo como ocorre no caso da filosofía.
- N. Natureza, cultura: a natureza é o fornecido pola acción das forzas implicadas a partir do big-bang.
- O. Orixe: a orixe de todo o que nos rodea e a do propio ser humano.
- P. Poder, estado: (Os homes son xefes para defender a súa liberdade) Culpan ó Estado da súa falta de liberdade.
- R. Relixión: (Chegou o momento de instaurar a relixión do amor). A relixiosidade creouse a partir do achado dun esqueleto, significa que o seu contorno quixo facer da súa morte un novo nacemento.
- S. Sabedoría ou filosofía: se cremos ao dicionario, filosofar é recorrer á razón. Filosofar no noso punto de vista, é vivir.
- T. Técnica: esta palabra adoita confundirse coa ciencia. Aristóteles considerou que a técnica era inseparable da especie humana.
- T. Teoría e experiencia: a mellor teoría é a que permite responder a un maior número de preguntas e explica o maior número de feitos experimentais.
- T. Traballo: (O máis importante da vida é elixir unha profesión) Etimoloxicamente o traballo é definido como unha tortura. A supervivencia require unha achega permanente de alimentos, bens, abrigo, etc. E para conseguilo precísase o traballo.
- U. Utopía: é a descrición dunha sociedade ideal (Tomás Moro).
- V. Verdade: a miúdo confúndese a realidade coa verdade. A verdade son as afirmacións certas que corresponden a características verificables dunha cousa.
- W (e o francés): para contribuír a defensa dunha lingua francesa é preferible non buscar unha palabra que comece por unha letra de conduta tan desparpaxada.
- X. A incógnita: a verdadeira cuestión é, por que hai que seleccionar? E ninguén coñece a reposta.
- Y. Ying Yang: (É posible que o home sexa só o monstro da muller, ou a muller o monstro do home)
- Z. Zenón de Elea: Explica o paradoxo da tartaruga e Aquiles.