Peter Molyneux
(2008) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Peter Douglas Molyneux 5 de maio de 1959 Guildford, Reino Unido |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Deseñador de videoxogos |
| Ocupación | programador de videoxogos, deseñador de xogos, programador, enxeñeiro, deseñador de videoxogos |
| Período de actividade | 1982 |
| Empregador | Lionhead Studios (pt) Bullfrog Productions (pt) Electronic Arts Xbox Game Studios |
| Premios | |
| |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

Peter Molyneux OBE, nado en Guildford (Surrey) o 5 de maio de 1959, é un deseñador e programador de videoxogos inglés, responsable dos coñecidos "xogos de simulación de deus" como Dungeon Keeper, Populous e Black & White, entre outros. Tamén é o responsable de xogos de estratexia "de negocios" como Theme Park, Theme Hospital, The Movies e xogos de rol como Fable.
En agosto de 1997 Peter deixou a compañía Bullfrog, para establecer un novo equipo de desenvolvemento, Lionhead Studios. Molyneux foi introducido no Vestíbulo da Fama en 2004 e foi feito oficial da coroa británica o 31 de decembro de 2004.
Recentemente recibiu a orde de Cabaleiro das Artes e as Letras, outorgado polo goberno francés. Desta maneira converteuse no cuarto membro da industria dos videoxogos en recibir este galardón, tras Shigeru Miyamoto, Frédérick Raynal e Michel Ancel.
Actualmente é responsable dun proxecto para Xbox 360, Milo un novo concepto de personaxe cunha intelixencia artificial nunca antes vista e un aproveitamento ao máximo deste novo sistema coñecido como Project Natal.