Persona
Aparencia

Persona ou Kvarts é unha serie de satélites espía rusos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Persona son satélites de recoñecemento electroóptico que usan un sistema óptica fabricado por LOMO denominado 17V321. Lanzáronse tres unidades Persona entre 2008 e 2015, todos mediante foguetes Soiuz 2-1b. O primeiro (denominado tamén Kosmos 2441), lanzado en xullo de 2008, fallou en febreiro de 2009. O segundo (Kosmos 2486), lanzado en xuño de 2013, fallou ao pouco por un problema na memoria do satélite. Foi reactivado en 2014 e actualizado cun software para evitar usar a memoria danada. O terceiro (Kosmos 2506) lanzouse en xuño de 2015 levaba como carga útil adicional un sistema de comunicación por láser.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Persona 1 (Kosmos 2441) | 26 de xullo de 2008 | Éxito | Soiuz 2-1b |
Persona 2 (Kosmos 2486) | 7 de xuño de 2013 | Éxito | Soiuz 2-1b |
Persona 3 (Kosmos 2506) | 23 de xuño de 2015 | Éxito | Soiuz 2-1b |