Pericarpo
Aparencia
O pericarpo é, en botánica, a parte exterior do froito que recobre a semente[1] e consiste no ovario fecundado.
No pericarpo pódense distinguir tres camadas, de fora a dentro son:
- O epicarpo que é normalmente a tona magra coloreada que aínda que endurecida non adoita ser lignosa, pela.
- O mesocarpo adoita estar construído por moitas células grandes e adoita ser a parte suculenta e mol das froitas.
- O endocarpo pode ben ter unha consistencia semellante á do mesocarpo ou endurecerse moito.
Hai unha clase de froitos cuxo pericarpo está fusionado co tegumento da semente nunha soa camada, son os chamados cariópsides, que teñen cereais coma o trigo, o millo ou o arroz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pericarpo.