Pereda de Ancares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pereda de Ancares é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra dos Ancares. Segundo o INE en 2012 tiña 47 habitantes[1].

Nos últimos anos, Pereda de Ancares converteuse no punto de partida para moitos excursionistas e turistas que veñen a coñecer Os Ancares debido ás rutas de sendeirismo que cruzan a zona[2], pero o renacemento da súa economía débese principalmente ao cámping e ás casas rurais que hai na aldea[3]; o que lle achegou certa revitalización tras anos de illamento e abandono. O sector primario segue sendo unha parte importante da economía da parroquia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A aldea está situado nas lombas das montañas, e a arquitectura local componse de casas brancas con tellados de lousa. A igrexa de Pereda de Ancares é un exemplo da arquitectura relixiosa co seu soportal á entrada da igrexa e o seu campanario, feita en cachotaría. A aldea posúe unha das pallozas mellor conservadas de todos os Ancares leoneses. Está proxectado a súa restauración sufragada polo concello e o Instituto leonés de cultura[4].

A aldea está situada nunha paraxe montañosa e bosques de nogueiras, o que constitúe o principal atractivo para os sendeiristas e excursionistas.

Festas[editar | editar a fonte]

A principal festividade de Pereda de Ancares é o día de San Xurxo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.