Pequeno profeta (Donatello)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Pequeno profeta de Donatello.

O Pequeno profeta é unha obra atribuída a Donatello que data do ano 1407 e que foi erixida en mármore branco cunha altura de 128 centímetros.

Na porta da Mandorla da catedral de Santa María del Fiore, está emparellado con outro pequeno profeta atribuído principalmente a Nanni di Banco. Non está claro se estas dúas obras son os citados nos documentos de pagamento da catedral a nome de Donatello, con data de 1406 e 1408, en recompensa do traballo realizado en dúas estatuas de profetas (dos que non se describen os seus detalles).

Imaxe dos dous pequenos profetas.

Á marxe das diferenzas estilísticas entre as dúas figuras que poden deberse á inexperiencia pola xuventude do artista e por outro lado a súa semellanza con obras similares de Nanni di Banco. Hoxe en día, o profeta da esquerda que se atribúe xeralmente a Donatello, sobre a base de comparacións con outras obras desta mesma época coma o David de mármore do Bargello. Non ten os atributos dun profeta, pero a súa pose lembra a un dos anxos anunciando, que orixinalmente estaba, quizais, xunta a estatua da Virxe da Anunciación.

O feito de que a outra estatua é probabelmente obra de Nanni di Banco non é absolutamente incompatíbel cos documentos de pago, pois nese momento están ambos os dous escultores en asociación e participan na decoración da porta da Mandorla.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AA.VV., Il museo dell'Opera del Duomo a Firenze, Mandragora, Florencia (2000). ISBN 88-85957-58-7
  • Wirtz, Rolf C. (1998). Donatello 1386-1466. Köln, Könemann. ISBN 3-8290-0244-0 (en inglés).