Penetralia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penetralia
Álbum de Hypocrisy
Publicado5 de outubro de 1992
Duración41:57
Xénero(s)death metal
Selo(s)Nuclear Blast
Producido porPeter Tägtgren
Cronoloxía
- Penetralia Osculum Obscenum
(1993)

Penetralia é o primeiro álbum de estudio da banda sueca de death metal Hypocrisy, publicado o 5 de outubro de 1992 a través do selo Nuclear Blast. Este é o primeiro de dous álbum co vocalista Masse Broberg, que despois sería despedido e encargándose o guitarrista Peter Tägtgren das voces. As letras non se centran no paranormal e na ciencia ficción como si o fan en posteriores traballos, centrándose no seu lugar en temática death metal máis "tradicional" como satanismo e anticristianismo. Realizáronse dous vídeos musicais para os temas "Impotent God" e "Left to Rot".[1] Posteriormente o álbum foi remasterizado e reeditado xunto co seu segundo traballo, Osculum Obscenum, no ano 2013.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Impotent God"   3:45
2. "Suffering Souls"   3:25
3. "Nightmare"   4:27
4. "Jesus Fall"   3:25
5. "God Is a Lie" (titulado "God Is a..." na contraportada da impresión orixinal) 2:56
6. "Left to Rot"   3:32
7. "Burn by the Cross"   4:45
8. "To Escape Is to Die"   3:52
9. "Take the Throne"   5:18
10. "Penetralia"   6:32
41:57

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hypocrisy - Penetralia - Encyclopaedia Metallum: The Metal Archives". www.metal-archives.com. Consultado o 2020-01-04.