Peita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peita de nácara

A peita é unha especie de peite, cun corpo convexo e un conxunto de púas que se encaixan sobre o moño. Cumpre unha función utilitaria, que é a suxeición do cabelo ou soporte dun elemento téxtil. Porén, tamén ten un carácter ornamental, como elemento de adorno no pelo.[1]

Evolución histórica[editar | editar a fonte]

No último cuarto do século XVIII a peita incorpórase de forma xeneralizada ao adorno principalmente feminino. Así o mostran os retratos de corte tanto en Francia coma en España.

Historicamente, para a fabricación de peitas empregábanse metais nobres como o ouro e a prata, ou ben aliaxes como o latón e o aceiro.[2] Conforme foi avanzando o século XIX medrou o tamaño destas. En consecuencia, o excesivo peso das pezas levou a substituír o metal por materiais máis lixeiros de orixe natural, coma o óso, o marfil ou o carei. A elaboración dunha peita de gran tamaño, a denominada peita española, que alcanzou as súas dimensións máximas a mediados do século XIX, podía chegar a necesitar a cuncha completa dunha tartaruga.[1] Tratábase dun produto custoso e complexo en canto á súa manufactura.[1] Na segunda metade do século XIX, a irrupción dos "plásticos" industriais que imitaban os materiais nobres e o emprego de moldes simplificou o proceso de manufactura. Amais, incrementou a súa produción e permitiu que a súa fabricación fose moito máis económica. Así, a peita fíxose moito máis popular.[1] É moi habitual nalgunhas zonas de España desde finais do século XVIII. O seu uso consérvase nas vodas, bautizos, procesións de Semana Santa, touradas, espectáculos tradicionais e espectáculos de música flamenca ou copla.

A mantela, complemento habitual da peita, adoita colocarse sobre esta. Tamén é elemento constitutivo dalgúns traxes típicos, como o de falleira valenciana ou o de flamenca andaluza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gómez Sánchez, Elena; Herradón Figueroa, María Antonia; Montero Redondo, Silvia; García, María Antonia (2009). "La colección de peinetas del Museo del Traje, CIPE. Problemática de conservación" (0): 161–176. ISSN 1989-8568. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  • Herradón Figueroa, María Antonia (2010). Centro de investigación del patrimonio etnológico. Museo del traje. Ministerio de Cultura. Gobierno de España, ed. "La tradición ante el espejo" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  • Pena gonzález, Pablo: “Indumentaria en España: el período isabelino (1830-1868)” en Indumenta: Revista del Museo del Traje, nº 0 (2007).
  • Rodríguez de Tembleque, Carmen: “Un traje para la insinuación, la provocación y el recato” en Congreso Internacional de Imagen y Apariencia. Universidad de Murcia (2008)