Saltar ao contido

Pegsat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pegsat
TipoCientífico / Tecnolóxico
OrganizaciónNASA / Departamento de Defensa dos Estados Unidos / DARPA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento5 de abril de 1990, 19:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Edwards da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo técnico do comportamento do foguete Pegasus e estudos da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2][6]
Decaemento14 de novembro de 1998[1]
NSSDC ID1990-028A
Masa178 kg[5]

Pegsat foi un satélite artificial lanzado o 5 de abril de 1990 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Pegsat foi o primeiro satélite lanzado por un foguete Pegasus. Foi inxectado nunha órbita inicial de 697 km de apoxeo e 468 km de perixeo, cun período orbital de 96,0 minutos e 94,1 graos de inclinación orbital.[3]

A misión de Pegsat foi tripla:[1][2][5][6]

  • Facer medicións do contorno das cargas lanzadas mediante o foguete Pegasus establecendo parámetros como vibracións, temperatura, presión...
  • Exectar o microsatélite experimental de comunicacións 90-028B, da Armada dos Estados Unidos.
  • Levar a cabo un experimento de liberación de bario no espazo para estudar a interacción entre o elemento químico e a magnetosfera e ionosfera terrestres desde diferentes bases en terra. A liberación do bario fíxose en dúas ocasións: o 16 de abril e o 25 de abril de 1990. Ambas liberacións foron observadas con éxito.[1][2][5][6]

Pegsat reentrou na atmosfera terrestre o 14 de novembro de 1998.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PEGSAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "PEGSAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 7. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "PEGSAT / Orion 38" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Pegsat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Pegsat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]