Pegboy
Pegboy | |
---|---|
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Quarterstick Records |
Membros | John Haggerty Joe Haggerty Larry Damore Mike Thompson |
Antigos membros | Steve Saylors Steve Albini Pierre Kezdy |
Artistas relacionados | Naked Raygun, Bhopal Stiffs |
Na rede | |
http://www.myspace.com/officialpegboy | |
Pegboy é unha banda estadounidense de punk rock de Chicago, Illinois cun relativamente grande seguimento de culto. O grupo foi fundado en 1990 por John Haggerty (exguitarrista de Naked Raygun), xunto co seu irmán, o batería Joe Haggerty (antes en The Effigies), Larry Damore (voces/guitarra), e Steve Saylors (baixo). Tanto Damore como Saylors foran membros da banda de hardcore de Chicago Bhopal Stiffs, banda que editadou en 1987 unha demo producida por John Haggerty. O EP de estrea de Pegboy, Three-Chord Monte (1990), tamén foi o primeiro lanzamento do selo Quarterstick Records, unha filial de Touch and Go Records. Steve Saylors deixou a banda en 1992 debido a que o seu traballo non lle permitía saír de xira. Steve Albini, un vello amigo da banda, encargouse do baixo no EP Fore. O antigo baixista de Naked Raygun Pierre Kezdy encargouse permanentemente do baixo en 1994. Tras a reforma de Naked Raygun, Mike Thompson substituíu a Kezdy no baixo.[1]
Pegboy supostamento tocou un concerto de despedida o día de fin de ano de 1999[2] pero negaron que realmente fose un concerto de despedida anos máis tarde cando volveron a actuar.[3]
Pegboy estivo xirando durante o verán de 2009 con Face to Face e Polar Bear Club.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Strong Reaction | 1991 | Quarterstick Records |
Earwig | 1994 | Quarterstick Records |
Cha Cha Damore | 1997 | Quarterstick Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tribune, Chicago. "PegboyPersonnel: John Haggerty, guitar; Larry Damore, vocals;...". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ Tribune, Rick Reger Special to the. "PEGBOY HAS TWO REASONS FOR SINGING `AULD LANG SYNE'". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ Tribune, Rick Reger Special to the. "Pegboy back to doing what they love". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2019-12-31.