Saltar ao contido

Pedro Varela Geiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Varela Geiss

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Círculo Español de Amigos de Europa
1978 – 1993 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, bibliotecario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1541057

Pedro Varela Geiss, nado en Barcelona o 9 de outubro de 1957, é un libreiro, escritor, ensaísta, editor e publicista catalán, presidente entre 1978 e 1993 do grupo CEDADE e defensor de posturas negacionistas do Holocausto e do réxime nazi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado o 9 de outubro de 1957[1][2] en Barcelona, en 1978 converteuse en presidente do CEDADE,[3] publicando material negacionista.[4] En 1992 estivo tres meses en prisión en Austria por emitir un discurso hitleriano.[3] Anunciou a súa renuncia á dirección do CEDADE en xaneiro de 1993.[5] Tras disolverse o grupo, en 1994 fundou a libraría Europa en Barcelona, onde tamén vendería literatura a prol do nazismo.[6]

En 1998 iniciouse un proceso xudicial contra Varela, que foi condenado a cinco anos de prisión por «apoloxía do xenocidio».[7] En 2010 volveu ser condenado a dous anos e nove meses de prisión por un delito «de difusión de ideas xenocidas» e por outro de atentado «contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas garantidos pola Constitución».[8] Varela, que ingresou no cárcere o 12 de decembro de 2010, saíu desta o 8 de marzo de 2012.[9]

Nos últimos anos adhírese ao identitarismo e achegouse á ideoloxía da terceira posición, mais citouse en numerosas ocasións ao teórico da cuarta teoría política Aleksandr Duguin como unha das súas influencias contemporáneas principais.

Declárase católico, abstemio e vexetariano.[2]

  • Varela Geiss, Pedro (2000). Ética Revolucionaria. Asociación Cultural Ojeda. ISBN 978-8493139049. 
  • Varela Geiss, Pedro (2014). Cartas desde prisión: Pensamientos y reflexiones en la celda de un disidente. Ediciones Seneca. ISBN 978-8476330203. 
  1. García, Jesús (15 de xaneiro de 2012). "El nazi Varela siembra cruces gamadas en prisión". El País. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Ferrándiz 2012, p. 8.
  3. 3,0 3,1 Atkins 2009, p. 131.
  4. Bailer-Galanda 1997, p. 185.
  5. Casals 1995, p. 185.
  6. Büttner 2011, p. 185.
  7. Rodríguez Jiménez 2012, p. 116.
  8. Ríos, Pere (8 de marzo de 2010). "Dos años y nueves meses de cárcel para el neonazi Pedro Varela". El País. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  9. Oms, J. (14 de marzo de 2012). "Sale en libertad el dueño de la filonazi Librería Europa tras cumplir 15 meses de cárcel". Elmundo.es. Consultado o 15 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]