Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco
Nacementoséculo XIVxuliano
Falecemento15 de agosto de 1385
Lugar de falecementoBatalha de Aljubarrota
NacionalidadeCoroa de Castela
editar datos en Wikidata ]

Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco foi un nobre castelán nado na primeira metade do século XIV e finado o 15 de agosto de 1385 na batalla de Aljubarrota.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Diego Pérez Sarmiento de Villamayor y Haro e de María de Velasco. Foi señor de Sarmiento e de Villamayor e ostentou o cargo de Adiantado maior de Castela. Contraeu matrimonio en 1362 con Leonor Fadrique de Castela, señora de Salinas e filla do mestre de Santiago Fadrique de Castela e de Constanza Angulo. En 1375 polo seu apoio, Henrique I de Trastámara deulle o título de Señor de Ribadavia, ademais do de adiantado maior do reino de Galiza. Casou con Xoana de Guzmán.