Pedro Priegue Priegue
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1868 Muros, España |
| Morte | 22 de agosto de 1936 Lapido, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Pedro Priegue Priegue, nado en Muros cara a 1868 e finado en Lapido (Ames) o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ex emigrante en América. Veciño do lugar de Riomao na parroquia de Torea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto acusado de dispoñer de emblemas comunistas e de agachar na súa casa ao garda municipal republicano Manuel Lago Ramos "Outeiro". Estivo preso no depósito municipal de Muros ata que o 22 de agosto co pretexto dun trasladado a prisión de Santiago de Compostela foi asasinado na Estibada de Lapido Ortoño e abandonado á beira da cuneta.[1] Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, foi identificado o 31 de xullo de 1939.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A morte do señor Pedro na costa de San Xusto", La Voz de Galicia, Barbanza, 25-11-2005, p. 10.